DEZ DESEMPREGADOS DE VALGA FÓRMANSE EN CARPINTERÍA E ALBANELERÍA NO OBRADOIRO DE EMPREGO ULLA-UMIA II

 

- Comezou a mediados de outubro e prolóngase durante nove meses, un período no que os participantes perciben o salario mínimo interprofesional

 

obradoiroemprego

 

Dez veciños desempregados de Valga participan no Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II, que promoven conxuntamente os concellos de Valga e Moraña, e que forma ao seu alumnado, un total de vinte persoas, nas especialidades de albanelería e carpintería. A acción formativa deu comezo en outubro de 2017 e prolongarase durante nove meses, un período no que os participantes perciben o salario mínimo interprofesional.

Ademais da formación teórica referente aos dous oficios, tamén se imparten módulos de riscos laborais ou informática e lévanse a cabo traballos prácticos que, no caso de Valga, se desenvolverán no edificio administrativo que o Concello está a construír na praza Manuel Vicente Cousiño. 

A Xunta de Galicia aporta 280.000 euros para financiar esta acción formativa, mentras que os dous concellos sufragan os materiais para as obras proxectadas nos respectivos municipios. O obxectivo é facilitar o acceso ao mercado laboral ao alumnado.

Volver