PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

O alumnado actualmente matriculado no IES de Valga, que desexe continuar estudos nel, non precisa facer reserva de praza.

-Prazo de PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: do 1 ó 20 de marzo. Pode facerse por medio do formulario normalizado a través da aplicación Admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) ou en papel no centro que se solicite en 1º lugar. Estará correctamente asinada polo pai ou nai (en caso de separación, polos 2 obrigatoriamente). Deberá xuntarse, como mínimo:

-DNI do alumno/a (obrigatorio con 14 ou máis anos) ou libro de familia (só 1 dos 2)

-Documento que acredite reunir os requisitos académicos esixidos (resgardo selado da matrícula do curso actual, ou certificado de matrícula).

-Se é o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

- Se se opta a unha praza de NEAE (necesidades específicas de apoio educativo),achegarase tamén a documentación xustificativa.En 1º da ESO resérvanse 3 postos por unidade para alumnado con NEAE.

-A normativa reguladora do proceso de admisión recóllese no Decreto 254/2012 de 13 de decembro (DOG 26/12/2012), na Orde do 12/3/2013 (DOG 15/3/2013;corr. erros en DOG 24/4/13) e na Orde do 25/1/2017 (DOG 1/2/2017). Pode verse na web http://www.edu.xunta.es/portal/node/18048

-A comunicación pública de se é necesario ou non entregar a documentación precisa para proceder á baremación de méritos farase o día 22 de marzo.

Se existise máis demanda que oferta de postos escolares, e fose preciso baremar, do 23 de marzo ao 13 de abril o alumnado deberá entregar toda a documentación xustificativa dos méritos alegados no apartado de baremo da súa solicitude de admisión.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 24 de abril.

Prazo de reclamacións: 25 de abril a 2 de maio. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: 14 de maio.

O centro ten como área de influencia o Concello de Valga, as áreas limítrofes son os concellos de Pontecesures, Dodro, Catoira, Cuntis e Caldas de Reis.

O centro conta con servizo de transporte escolar (consúltese a ruta).

-MATRÍCULA: do 25 de xuño ó 10 de xullo. Do 1 ó 10 de setembro (este 2º prazo é só para alumnado con materias pendentes para setembro). Atención á distribución de matrícula por días que fai o centro (pregúntese en xuño).

 

NOTAS IMPORTANTES:

  • Recórdase que só se poderá presentar unha ÚNICA SOLICITUDE de admisión. En caso de incumprimento desta norma a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que puidesen corresponder.
  • Tampouco se pode presentar a un tempo solicitude de reserva e de admisión, polo que:

         - O alumnado que ten garantía de permanencia neste centro (actualmente matriculado con nós), se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá, ao mesmo tempo, comunicalo aquí.

         - Do mesmo xeito, o alumnado procedente de primaria (Baño-Xanza e Xesús Ferro Couselo) que ten reservada praza neste centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicarnos a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (antes do 1 de marzo).

  • O alumnado de 6º de primaria do CEIP deBaño-Xanza e do CEP “Ferro Couselo”(centro adscrito) deberá facer, no propio CEIP de Baño-Xanza e CEP “Xesús Ferro Couselo”, a RESERVA de praza para este IES entre o 1 e o 15 de febreiro.
  • O alumnado que non fixo Reserva e que non solicite Admisión no prazo establecido deberá facer unha solicitude extraordinaria de admisión na Inspección Educativa de Pontevedra (que deberá ser quen autorice a indicada admisión).

 

PRAZAS VACANTES NO IES DE VALGA

boton cemit

Volver