O alumnado do IES de Valga que concorreu á última proba de Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade (ABAU), tamén coñecida como selectividade, logrou unha das vinte mellores notas medias dos centros públicos de toda Galicia, un 6,75 segundo os datos publicados a pasada fin de semana polo xornal La Voz de Galicia e que poden consultarse no seguinte enlace: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2018/02/25/pocos-preparados/0003_201802G25P5991.htm.

É, ademais, destacable o feito de que o IES de Valga logrou un 100% de aprobados entre o alumnado que se presentou á convocatoria de xuño. Foron 13 os alumnos da promoción de Bacharelato 2015-2017 os que concorreron e todos conseguiron superar as probas de acceso á Universidade. Dous destes estudantes, Antía Figueira Gómez e Iván Sanmiguel Lorenzo acadaron dúas das notas máis altas de Galicia, 13'57 e 13'08 sobre un máximo de 14.

 

boton cemit

Volver