CIM VALGA

O CIM (Centro de Información á Muller) é un servizo gratuito ao que poden acudir ás mulleres do Concello de Valga e concellos limítrofes para solicitar información e asesoramento xurídico, psicolóxico e orientación laboral, nas cuestións que lles afecten:

  • Área xurídica

Información e asesoramento xurídico de calquera cuestión de tipo legal, fundamentalmente en dereito de familia ( separacións,divorcios, pensións alimenticias, custodias...), así como, outros aspectos de dereito civil, administrativo e laboral.

  • Área psicolóxica

          - Atención e orientación ante problemas de índole psicolóxico tales como ansiedade,depresión, baixa autoestima...

          - Apoio e intervención en caso de violencia de xénero e asesoramento en problemas de parella.

  • Servizo de promoción do emprego, formación e orientación

Dirixido a todas aquelas persoas, especialmente mulleres, con dificultades tanto na formación como na busca e obtención de emprego.

Teléfonos de atención á Muller:

  • Teléfono da Muller: 900 400 273
  • Atención a vítimas de malos tratos: 016
  • Teléfonos Municipais:

    - Concello: 986 55 94 56

    - C.O.D.I: 636 75 79 69 / 986 55 91 40

 

 

cim pagina 1

cim pagina 2

Volver