Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Quérese facilitar a reciclaxe á veciñanza, xa que non só beneficia ao medio ambiente, senón que repercute na economía municipal

- O Concello tamén xestiona ante a Consellería de Medio Ambiente a concesión de colectores verdes e amarelos

vidrio3

Valga, 22 de maio de 2018.

Os veciños de Valga contan con dez novos contedores para a reciclaxe de vidro, que recentemente se distribuíron por distintas parroquias e en localizacións, en moitos casos, próximas a establecementos de hostalería, xa que adoitan xerar importantes cantidades deste tipo de refugallos.

Os iglús verdes colocáronse na Tarroeira, en Baño nas proximidades do pavillón, xunto ás instalacións deportivas de Campaña, nos parques da Devesa e Parafita, na estrada provincial no Sixto e tamén en Senín, no Carballiño e, por último, dous en Vilarello: un no cruce cara a praia fluvial e outro xunto ao establecemento O Mencer.

O Concello fai un chamamento aos veciños para que colaboren, se conciencien sobre a importancia da separación dos residuos e empreguen correctamente estes novos contedores. “A reciclaxe non só beneficia ao medio ambiente, senón que tamén ten repercusións económicas. A correcta separación do lixo supón menos custos de xestión para o Concello”, destaca o alcalde, José María Bello Maneiro.

Nos iglús verdes poden depositarse botellas de vidro de calquera color, tarros de alimentos, frascos de conservas e tamén de colonias e produtos cosméticos. A estes envases deben retirárselles as tapas.

Pero hai que diferenciar o vidro do cristal e ter en conta que non poden botarse nestes colectores nin bombillas e tubos fluorescentes, nin vasos e copas, tampouco cristais de ventás rotas, espellos, gafas, lúas de vehículos nin pratos e outros obxectos de cerámica.

Estes contedores foron aportados pola Consellería de Medio Ambiente logo de ser solicitados polo Concello. A administración local está a xestionar tamén a colocación de novos colectores verdes para materia orgánica e amarelos para envases lixeiros. Deste xeito, o goberno trata de beneficiar á veciñanza facilitándolle a reciclaxe.

vidrio2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver