Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Percorreron o Museo, o arquivo e a biblioteca guiadas polo arquitecto Antonio Maroño

- Vinte desempregados estanse a formar en albanelería e carpintería durante nove meses

cidadecultura

Valga, 14 de maIo de 2018.

As dez alumnas da especialidade de albanelería do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II, que comparten Valga e Moraña, participaron nunha visita formativa á Cidade da Cultura. Estiveron acompañadas pola titora do módulo e a directora do Obradoiro.

A visita, que partiu do edificio do Museo e percorreu as instalacións do arquivo e a biblioteca, foi guiada polo arquitecto Antonio Maroño, que explicou ás alumnas o proceso de construción do complexo, os materiais empregados, o proxecto arquitectónico e a coxeneración enerxética.

O obradoiro de emprego Ulla-Umia II deu comezo a mediados de outubro de 2017 e prolongarase ata o mes de xullo coa participación de dez desempregados de Valga e outros tantos de Moraña. Os vinte alumnos, quince mulleres e cinco homes, estanse a formar nas especialidades de albanelería e carpintería por un período de nove meses durante o que perciben o salario mínimo interprofesional. A Xunta de Galicia aporta 280.000 euros para financiar esta acción formativa, mentras que as dúas administracións locais sufragan os materiais para as obras que os alumnos levan a cabo nos respectivos municipios.

En Valga, o alumnado de albanelería do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia II está a traballar na distribución e acondicionamento do interior do edificio de usos administrativos que o Concello está a construír na praza Manuel Vicente Cousiño. O módulo de carpintería encargarase de preparar a madeira para os falsos teitos e portas do inmoble e fabricará mobiliario urbano para instalar en distintos lugares do municipio.

Con estas obras, os alumnos poñen en práctica os coñecementos adquiridos previamente, se ben a formación teórica aínda continúa impartíndose nas aulas e nos talleres.

cidadecultura

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver