Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O trazado discorrerá por Parafita, as fervenzas e Os Martores, dende onde continuará cara Herbón

- O albergue do Pino é un dos que se sinalan para a pernocta dos peregrinos

viamariana1

Valga, 14 de maio de 2018.

O alcalde, José María Bello Maneiro, participou o venres no Santuario de A Franqueira, en A Cañiza, no acto de presentación da Vía Mariana, unha nova ruta de peregrinación luso-galaica que unirá Braga con Muxía, enlazando diferentes santuarios marianos e que discorrerá por Valga.

A este encontro asistiron os alcaldes das vilas polas que pasará a vía e os ideólogos da mesma, José de la Riera e Luis Martínez Freixo, que explicaron con detalle as singularidades do trazado e evidenciaron o seu enorme potencial para captar turismo de natureza, para a dinamización económica e creación de emprego e, por tanto, para a fixación de poboación no rural.

A seguinte tarefa a realizar para que esta nova ruta de peregrinación se convirta en realidade é a sinalización do trazado, algo que se espera ter listo este mesmo verán e que precisa da colaboración tanto de administración públicas como entidades privadas dos municipios polos que transcorre.

En concreto, a Vía Mariana entrará en Valga dende o termo municipal de Cuntis. Discorrerá por Casaldeirigo, Parafita, as fervenzas e chegará ata Os Martores para despois continuar por Os Vilares cara o Alto dos Salgueiros, pasando polo petróglifo Pedra da Serpe e dirixíndose cara Pontecesures e Herbón. Está sinalada, tamén, unha pequena variante do trazado por Gontade (Cuntis), que acortaría en dous quilómetros o traxecto ata Os Martores. Ademais, o albergue do Pino é un dos que se sinala como lugar de pernocta para os peregrinos.

O alcalde manifestou no transcurso desta reunión o seu apoio e o do Concello a calquera iniciativa que sirva para promocionar Valga, atraer visitantes á vila e dinamizar a economía e a creación de emprego. Destacou que a Vía Mariana unirase a outras rutas de peregrinación que xa discorren por Valga, como o Camiño Portugués a Santiago, a ruta marítimo-fluvial do Mar de Arousa e Ulla ou o Camiño Real e fixo fincapé na importancia histórica e patrimonial da capela dos Martores, pola que pasará a vía e que segundo autores como José Guerra Campos é o lugar no que foi enterrado o herexe Prisciliano.

Trazado da etapa que discorre por Valga: http://www.caminador.es/wp-content/uploads/2017/02/CSC.10-11.Campolameiro-Herbon.Imp_.pdf

viamariana2 viamariana3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver