Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Participaron na III Feira Tradicional do CPIP Cernadas de Castro

- A concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro, acompañounos durante a representación

Mallacole1

Valga, 12 de maio de 2018.

Un grupo de integrantes das asociacións Axentiva, Mulleres Rurais Albor e A Eira, participantes habituais dos Encontros Interxeracionais, desprazáronse na xornada de onte ao muncipio de Lousame para achegar a malla tradicional do trigo aos estudantes do colexio Cernadas de Castro. Estiveron acompañados pola concelleira de Benestar Social, Begoña Piñeiro.

O centro educativo celebrou a terceira edición da súa Feira Tradicional, con representacións de distintos oficios, xogos populares, obradoiros, canto dos maios, baile galego e actividades agrarias tradicionais, en concreto a malla do trigo.

A expedición valguesa encargouse de amosar aos rapaces como se realizaba antano este labor, co que se separaba o gran da palla e que require de gran destreza e coordinación entre os malladores. E mentras un grupo batía cos manles, outro botaba man das pandeiretas para interpretar coplas e cantigas.

Trala representación, súmaronse á comunidade educativa para continuar participando nas actividades da Feira Tradicional. Puideron achegarse aos postos de degustación de melindres, filloas e chocolate con churros ou admirar os traballos artesáns de zoqueiros, cesteiros e palilleiras, entre outras actividades.

Mallacole2 Mallacole3 Mallacole4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver