- Un xurado integrado por representantes do Concello e membros da asociación Heroes de Casaldeirigo elixirán a ilustración gañadora

- Os tres primeiros clasificados tamén recibirán vales de compra de material escolar

casal

Valga, 16 de abril de 2018.

Oito debuxos optan a ser o cartel anunciador da vindeira edición da Recreación da Batalla de Casaldeirigo, que se celebra o 26 de maio. O prazo para concorrer ao concurso organizado polo Concello de Valga e a asociación Heroes de Calsaldeirigo pechouse o pasado venres con oito participantes que se presentaron baixo os pseudónimos “Valga en guerra”, “A loita divertida”, “Hai que loitar”, “Loita”, “En Casal do Eirixo non entra Napoleón nin con cañón”, “Mosquetón”, “Un pobo unido xamais será vencido” e “A guerra en Casaldeirigo”.

Un xurado integrado por representantes do Concello e membros da asociación Heroes de Casaldeirigo encargarase de valorar a orixinalidade das ilustracións e a capacidade creativa dos seus autores. O traballo gañador será o cartel anunciador da Recreación da Batalla de Casaldeirigo. Ademais, os tres primeiros clasificados recibirán un vale para material escolar.

Neste certame podían participar nenos de ata 16 anos de idade presentando un debuxo inédito e de técnica libre que fixera referencia obrigatoriamente á Batalla de Casaldeirigo. A través desta iniciativa, a Concellería de Cultura quere fomentar a expresión artística entre os máis novos e, fundamentalmente, contribuír á lembranza da revolta popular protagonizada polos veciños de Valga contra as tropas francesas de Napoleón no ano 1809.

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver