Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 10 de abril

- Impartirase en sesións semanais fixadas para os venres a partir das 20 horas

dependenciaa

 Valga, 15 de marzo de 2018.

O Servizo de Formación, Orientación e Emprego do Concello de Valga organiza unhas xornadas formativas sobre “Atención sociosanitaria a persoas dependentes” que se impartirán no Auditorio Municipal. Está aberto o prazo de inscición para as persoas que queiran participar na actividade, que terá unha duración de trinta horas e se desenvolverá entre o 13 de abril e ata o 22 de xuño con sesións semanais fixadas os venres ás 20 horas.

Os asuntos que se tratarán nas xornadas son os seguintes:

1. ASEO E HIXIENE DA PERSOA DEPENDENTE: familiarizar ás persoas participantes coas características e necesidades de coidados hixiénicos das persoas maiores e/ou dependentes, coas técnicas de aseo persoal e hixienización da cama.

CONTIDOS:    

  • A pel da persoa anciá. Características específicas.
  • Coidados principais da pel da persoa dependente.
  • Necesidades hixiénicas da persoa dependente en función do estado de saúde e nivel de dependencia.
  • Aseo e hixiene de persoas con mobilidade reducida
  • Aseo e hixiene da persoa acamada
  • Axudas técnicas para o aseo.
  • Hixiene da boca
  • Hixiene de usuarios incontinentes, sondados e colostomizados
  • Cambio de cueiro
  • Limpeza e conservación de próteses.
  • Hixienización e cambio de roupa da cama coa persoa acamada

2. AXUDA Á DEAMBULACIÓN, TRASLADO DA PERSOA DEPENDENTE EN CADEIRA DE RODAS EN ENTORNOS NON ACCESIBLES: familiarizar ás persoas participantes co uso de muletas, andadores, cadeira de rodas e outras axudas técnicas para a deambulación e o emprego destas en entornos non accesibles como escaleiras, beirarrúas, pendentes, etc.

CONTIDOS:    

  • Deambulación con muletas, e andadores
  • Técnicas para a entrada e saída da persoa con mobilidade reducida en vehículo convencional              
  • Manexo da cadeira de rodas con persoas dependentes.
  • Traslado da persoa dependente en cadeira de rodas en entornos non accesibles,  (escaleiras, pendentes pronunciadas, aceras, etc)

3. POSICIÓNS ANATÓMICAS E MOBILIZACIÓNS DA PERSOA ACAMADA: familiarizar ás persoas participantes coas posicións anatómicas na cama e coas técnicas de mobilización da persoa acamada para a prevención de lesións e riscos na persoa coidadora 

CONTIDOS:  

  • Posicións anatómicas básicas
  • Mobilización e cambios de posición para a realización do aseo na cama
  • Cambios posturais da persoa acamada e frecuencia para a prevención de UPP.
  • Transferencias cama – cadeira de rodas e viceversa.
  • Transferencias cadeira de rodas – ducha ou WC e viceversa.

4. MOBILIZACIÓN E TRANSFERENCIAS DA PERSOA ACAMADA CON GRÚA XERIÁTRICA: familiarizar ás persoas participantes co funcionamento e o uso da grúa xeriátrica para mobilizacións e transferencias básicas da persoa acamada. 

CONTIDOS:  

  • A grúa xeriátrica. Partes, funcionamento e usos.
  • Mobilización da persoa acamada co emprego da grúa.
  • Transferencias da persoa acamada con grúa

5. ÚLCERAS POR PRESIÓN NA PERSOA DEPENDENTE. PREVENCIÓN E TRATAMENTO: familiarizar ás persoas participantes cos tipos de úlceras por presión, curas, tratamento, incidindo de maneira significativa nas medidas para evitar que se produzan e na vixiancia para detectar os primeiros síntomas.

CONTIDOS:   

  • Qué son as úlceras por presión (UPP) e por qué se producen
  • Tipos e graos de UPP
  • Zonas de especial atención e coidado.
  • Curas das UPP
  • Medios, utensilios e accesorios para evitar as UPP

6. A DIABETE. PRECAUCIÓNS E ACTUACIÓNS CO USUARIO DIABÉTICO: familiarizar ás persoas participantes coa diabete e a actuación diaria domiciliaria coas persoas dependentes afectadas por esta doenza.

CONTIDOS:  

  • Tipos de diabete.
  • Características do usuario diabético.
  • Toma e interpretación dos niveis de glicemia
  • Administración de insulina
  • Efectos da diabete nos pés. Precaucións e coidados.
  • Alimentación da persoa afectada pola diabete.

7. A COMUNICACIÓN E O TRATO COA PERSOA DEPENDENTE. TÉCNICAS DE MODIFICACIÓN DE CONDUTA: familiarizar á coidadora coas pautas de comunicación básicas e as técnicas de modificación de conducta para poñer en práctica con persoas usuarias do servizo que presenten condutas inapropiadas que dificultan o traballo diario no domicilio.

CONTIDOS:  

  • Habilidades sociais e comunicativas básicas para a persoa coidadora
  • Mantemento e entrenamento de hábitos de autonomía psicosocial en situacións cotiás no domicilio.
  • Técnicas de resolución de conflitos
  • Procedementos e estratexias de modificación de conduta

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 10 de abril. As persoas que queiran recabar máis información sobre as xornadas poden dirixirse ao Servizo de Formación, Orientación e Emprego ou ao Auditorio Municipal.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver