- Poden participar nenos de ata 16 anos de idade presentando unha ilustración que faga referencia á revolta popular contra as tropas francesas de Napoleón acontecida en 1809

- Os tres primeiros clasificados recibirán, ademais, vales de compra de material escolar

Cartel Batalladebuxos

Valga, 13 de marzo de 2018.

O Concello de Valga e a asociación Heroes de Casaldeirigo convocan a primeira edición do concurso infantil de debuxo sobre a Recreación da Batalla de Casaldeirigo, un certame a través do que se elixirá o cartel anunciador dos actos deste ano, que terán lugar o día 26 de maio. A través desta iniciativa preténdese fomentar a expresión artística entre os máis novos e, fundamentalmente, contribuír á lembranza da revolta popular protagonizada polos veciños de Valga contra as tropas francesas de Napoleón no ano 1809.

Poden participar no concurso todos os nenos que o desexen ata os 16 anos de idade. Deben realizar un debuxo que obrigatoriamente ten que facer referencia á Batalla de Casaldeirigo e incluír o escudo do Concello e o seguinte texto: “Recreación Batalla de Casal do Eirigo. 26 de maio de 2018”.

O debuxo ten que ser inédito e de técnica libre, sempre que posibilite a súa reproducción impresa. A presentación será en tamaño A4 en orientación vertical. Os debuxos non poderán ir asinados, senón que levarán un lema no reverso que aparecerá tamén no sobre pechado no que se incluirán os datos persoais do autor, enderezo e teléfono. Enviaranse ao Rexistro do Concello antes das 14 horas do día 13 de abril.

O traballo gañador será o cartel anunciador da Recreación da Batalla de Casaldeirigo. Ademais, os tres primeiros clasificados recibirán un vale para material escolar. O xurado valorará tanto a orixinalidade dos debuxos como a capacidade creativa dos seus autores.

Bando CBatalla

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver