Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os alumnos xa matriculados no centro teñen de prazo ata o 15 de marzo

- As novas admisións poden tramitarse entre os días 16 e 31 deste mes

escola infantil

Valga, 2 de marzo de 2018.

A Escola Infantil Municipal de Valga ten aberta dende onte, 1 de marzo, e ata o día 15 a reserva de prazas para alumnos que xa están matriculados no centro. As familias deben cubrir un impreso que lles será facilitado na propia escola e entregalo na dirección antes de que remate o prazo, xunto coa última declaración da renda.

Para novas admisións de alumnado, o prazo establecido vai do 16 ao 31 de marzo. As familias que queiran reservar praza teñen que cubrir un formulario cos datos do alumno que poden descargar AQUÍ ou solicitar nas oficinas municipais. O impreso deberá entregarse no Concello acompañado da seguinte documentación:

  • Fotocopia do documento de identidade da nai, do pai ou, de ser o caso, dos representantes legais
  • Fotocopia compulsada do Libro de Familia ou, no seu defecto, doutro documento que acredite oficialmente a situación familiar
  • Xustificante de ocupación ou de desemprego (últimas nominas, certificación de empresa ou tarxeta de demandante de emprego)
  • Certificado de recoñecemento do grao de minusvalía alegado polos membros da unidade familiar, só no caso de que non sexa expedido pola Xunta de Galicia
  • Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familar
  • Informe sobre a necesidade de integración no caso de nenos con necesidades de apoio específico
  • Documentación acreditativa de incidencias tales como separación dos conxúxes, abandono do fogar ou maltrato
  • Informe dos Servizos Sociais do Concello no caso de ser necesario por falta de acreditación documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familar
  • Xustificación de ingresos
  • Certificado de convivencia
  • Última declaración da renda

Unha vez rematado o prazo de presentación, as solicitudes serán avaliadas pola Comisión de Baremación.

Na Escola Infantil Municipal poden matricularse nenos de 0 a 3 anos, tanto empadroados en Valga como noutras localidades. Actualmente o centro conta con 67 alumnos e cinco aulas en funcionamento e aínda ten capacidade para unha máis.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver