- Vinte veciños pasarán as vacacións en Fuengirola, outros 9 en Mallorca e 13 en San Carlos de la Rápita (Tarragona)

- As viaxes terán lugar entre o 27 de febreiro e o mes de marzo, cunha duración de quince días

DSC 0454

Valga, 13 de febreiro de 2018.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e unha traballadora do departamento de Servizos Sociais do Concello fixeron entrega onte dos billetes de avión a dous grupos de veciños de Valga que viaxarán a Fuengirola e Mallorca co programa de turismo social do Imserso, o Instituto de Maiores e Servizos Sociais do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

Serán 20 os valgueses que gocen dunha estancia de quince días en Fuengirola, con saída o 27 de febreiro do aeroporto da Lavacolla. O Concello de Valga sufragará o custe do desprazamento en autobús dos viaxeiros a Santiago e o regreso a Valga.

No caso de Mallorca serán 9 os participantes na viaxe, tamén cunha duración de dúas semanas e con saída o 7 de marzo dende Santiago. Neste caso, o desprazamento ao aeroporto e o regreso farase no autobús do Concello. Ademais do transporte, a administración municipal tamén subvenciona as viaxes a través dun convenio co Imserso.

Tamén dentro do programa de turismo social, outros 13 valgueses viaxarán en datas próximas á localidade tarraconense San Carlos de la Rápita. Neste caso a entrega dos billetes aínda está pendente de realizarse.

O programa de turismo social do Imserso é unha iniciativa de envellecemento activo que ofrece ás persoas maiores estancias en zonas de costa e turismo de interior, contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida e a previr a dependencia. Os servizos que inclúe o programa son aloxamento en réxime de pensión completa, transporte de ida e volta, póliza de seguros colectiva, servizo médico e actividades de animación socio-cultural.

DSC 0453

boton auditorio

boton casa cultura

boton codi

boton sede electronica

boton bandos

boton youtube largo

boton rueiro

boton directorio

boton radio

boton tempo

Volver