Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estivo integrado polo concelleiro José Ángel Souto e máis tres membros da asociación Amigos do Belén

- O gañador darase a coñecer o vindeiro 5 de xaneiro, coincidindo coa Cabalgata de Reis

belens

Valga, 27 de decembro de 2017.

O xurado do XVI Concurso de Beléns organizado pola Concellería de Cultura visitou a pasada fin de semana os nacementos que optan aos premios. Estivo formado polo concelleiro José Ángel Souto Jamardo e tres integrantes da Asociación Amigos do Belén que valoraron o tamaño, o número de pezas, a presentación e a orixinalidade de cada composición.

Son tres os beléns que se presentaron ao certame, un obra de Bruno Bacariza, veciño da Tarroeira e composto de bonecasfofuchas feitas con latas de refrescos, bolas de polietileno e restos de teas e goma eva para a roupa, unha idea que sacou dunha manualidade que fixo para o colexio.

Fran e Juan Otero Lobato, veciños de Laxes, presentaron a o concurso un belén con estruturas de madeira, casas de cartón, algunhas delas recubertas de pedra, e figuriñas de barro. Por último, Telma Dopazo e Xián Mariño, decoraron no parque de Barcia un nacemento dunhas corenta pezas con figuras de polietileno e paos de madeira e casiñas de cartón.

O vindeiro 5 de xaneiro, coincidindo coa Cabalgata de Reis, darase a coñecer a composición gañadora, así como o segundo e terceiro posto. Todos recibirán un agasallo e máis un diploma.

No concurso, que chega á súa décimo sexta edición, podían participar particulares, casas comerciais, asociacións e outras entidades de Valga. Con el búscase promover esta tradición típica do Nadal que, partindo da representación do nacemento de Xesucristo, pode acadar a máis ampla diversidade.

belen2 belen3

belen4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver