Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- No mes de xullo concedéranse outros 1.800 euros para a financiación de actividades de seis asociacións

- As comisións poden acollerse este ano a unha nova liña de axudas de 300 euros a maiores por contratar á Banda Municipal de Música

corpus

Valga, 12 de xaneiro de 2018.

O Concello de Valga aprobou, mediante unha resolución da Alcaldía do 29 de decembro, a concesión de 9.400 euros en subvencións a un total de 24 asociacións culturais e deportivas e comisións de festas, correspondentes ao exercicio económico 2017. Os colectivos beneficados e o importe das axudas son os seguintes:

  • Asociación de Xente Activa de Valga (Axentiva), para actividades: 300 euros
  • Asociación cultural Santa Cristina e Santa Ana, para as festas patronais de Campaña: 300 euros
  • Asociación cultural e veciñal de Bronllo, para a festa de San Antonio Abade: 300 euros
  • Asociación veciñal, cultural e deportiva de Cordeiro, para a XXV edición da Festa da empanada de millo do país: 300 euros
  • Asociación de Mulleres Rurais “Albor”, para actividades: 300 euros
  • Asociación cultural San Miguel de Valga, para a festa de San Miguel: 300 euros
  • Asociación cultural e veciñal Santa Lucía e San Antonio, para as festas de Cordeiro: 300 euros
  • Asociación Virxe da Lanzada de Campaña: 300 euros
  • Comisión de festas San José de Cerneira (Setecoros), para a festa de San José: 300 euros
  • Comisión de festas Virxe das Dores de Cordeiro, para a festa da Virxe das Dores: 300 euros
  • Asociación músico cultural As Telleiras, para a festa da Virxe da Merced: 300 euros
  • Asociación cultural Os Penoucos, para actividades: 300 euros
  • Asociación cultural Os Desamparados da Devesa, para as festas do Carme e Desamparados: 300 euros
  • Asociación cultural e deportiva Festas de Baño, para a festa de San Roque: 300 euros
  • Veciños de Canle, Barcia, Cotriños, Barro, Gándara, Forno, Balleas e Socastro, para a confección das alfombras florais de Corpus: 300 euros
  • Veciños de Laxes, Carballa, etc., Para a confección das alfombras de Corpus: 300 euros
  • Comisión de festas de San Campio (Casaldeirigo): 300 euros
  • Asociación San Mamede dos Martores, para a festa da Virxe de Fátima: 300 euros
  • Asociación San Mamede dos Martores, para a festa de San Mamede: 300 euros
  • Asociación artesanal de palilleiras A Bella Otero, para actividades: 300 euros
  • Asociación de teatro A Bella Otero, para gastos de vestiario e seguros: 300 euros
  • Asociación cultural e veciñal de Casaldeirigo, para a festa da Virxe da Saúde: 300 euros
  • Escudería Charli Romeo, para a organización do Slalom Xosé Ramón Santos: 500 euros
  • Club de fútbol sala Valga, para actividades deportivas: 300 euros

Estas axudas, que están pendentes de notificar e de que os beneficiarios presenten a xustificación do gasto, súmanse aos 1.800 euros que se concederon no mes de xullo a seis asociacións para sufragar, igualmente, actividades de carácter cultural. Os colectivos beneficiaron foran:

  • Asociación cultural Os Penoucos, para o II Festival Carolina Son: 300 euros
  • Veciños da Devesa, para a celebración das festas patronais da Virxe do Carme e dos Desamparados do 2016: 300 euros
  • Asociación Virxe da Lanzada de Campaña, para as festas da Virxe da Lanzada do ano 2016: 300 euros
  • Asociación cultural e deportiva Festas de Baño, para a celebración das festas de San Roque do 2016: 300 euros
  • Asociación cultural e veciñal do Sixto, apra a celebración das festas de Santa Lucía de 2016: 300 euros
  • Asociación cultural e veciñal de Casaldeirigo, para a celebración das festas da Virxe da Saúde de 2016: 300 euros

O goberno local lembra que se aprobou, dentro dos orzamentos do ano 2018, unha nova liña de axudas para festas. As comisións que contraten á Banda Municipal de Música recibirán unha axuda de 300 euros a maiores doutras que poidan corresponderlle por outros conceptos.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver