Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O curso desenvolverase entre os días 17 de xaneiro e 6 de febrero e enmárcase no programa “+Comunidade” da Consellería de Educación

- Aos relatorios tamén poden asistir outros membros da comunidade educativa que poden formalizar a matrícula na dirección do IES ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Valga, 10 de xaneiro de 2018.

O IES de Valga promove o curso de formación “Educar para a cultura da sustentabilidade”, dirixido ao profesorado de Secundaria do centro e que se desenvolverá en tres xornadas entre os días 17 de xaneiro e 6 de febrero. Cunha duración de 20 horas (10 presenciais e dez titorizadas), os relatorios están ademais abertos á asistencia doutros membros da comunidade educativa, explica o director Roberto Barral.

A primeira das sesións, fixada para o 17 de xaneiro, incluirá unha presentación e diagnóstico de problemas socioambientais no IES de Valga e unha introdución aos fundamentos da cultura da sustentabilidade. O curso continuará o 31 de xaneiro, xornada na que se tocarán temáticas como a educación como alternativa fronte ao cambio climático e o eco-feminismo e o coidado da vida nos centros educativos.

Por último, a sesión do 6 de febrero centrarase na xestión e o uso sustentable dos recursos no instituto de Valga e o consumo responsable como novo estilo de vida. As conferencias terán lugar todas en dependencias do IES e comezarán ás 17 horas.

Este curso, recoñecido polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), forma parte do plan de formación que ten en marcha o IES dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación e, máis concretamente, do programa “+Comunidade. Educar para a cultura da sustentabilidade, do coidado e da cooperación”, coa participación tamén da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago e a ONG InteRed. A matrícula pode formalizarse na dirección do IES ou a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Por outra parte, o IES de Valga está a traballar xunto co Gymnasium de Valga (Estonia) nun proxecto de eTwinning e irmandamento que xa foi aprobado polo Ministerio de Educación e que se centrará, igualmente, na temática da cultura da sustentabilidade. No mes de maio, no transcurso da visita institucional que cursou unha delegación da vila estonia encabezada polo alcalde, Kalev Härk, asinouse un memorando de irmandamento e mantivéronse reunións cos responsables dos centros educativos locais precisamente para promover intercambios educativos e culturais entre mozos das duas localidades homónimas.

IES

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver